lunes, 30 de abril de 2007

O mar de María Mariño






Neste curso en que centramos o traballo da biblioteca no MAR como fonte de coñecemento e inspiración, recollemos un poema de María Mariño no que expresa como o sinte ela:

Crucei o mar da Marola e faloume no seu són,
faloume aberto en voz sonora
e ritmo forte.

As gueivotas non paraban, revoloteaban mariñeiras.
Picaban as augas do sal
vermello e argazo en rolo.

Estaba soia, soia comigo e ca proa
dun barco pesqueiro que nela zoaba
mentras dicía en comestas verbas:

“Fun, son e serei castigo dunha onda
arrolada na pena que chamou Marola”.

Ninguén lle oieu, máis un vento furón soupo de sí
i enredándose en min quebrou seu nome.

Escurécese o mar, a Marola sinte frío,
envólvense as ondas na nebra.
érguese peito-fala:

Cando de soia me erguín crucei o mar
da Marola. Eran as ondas enteiras, duras e longas,
era a súa espuma loita. Non tiña medo do vento.
Mar sin marea que trocara súa ronda.

De Verba que comenza, libro que poderás atopar dentro das Obras Completas dispoñible na Biblioteca. Tamén poderás saber coñecer máis detalles da súa vida consultando a biografía escrita por Xerardo Agrafoxo.




No hay comentarios: