lunes, 23 de abril de 2007

Cunchas

O Departamento de Bioloxía ofrécenos este mes e ata o remate do curso, unha mostra de cerca de duascentas cunchas de todo o mundo. Poderemos contemplalas e saber máis sobre elas consultando os libros e direccións de Internet que aparecen no tríptico conmemorativo da exposición. Animámosvos tamén a participar no concurso "A PREGUNTA DO DÍA", que durante dúas semanas estará centrada no fascinante mundo da malacoloxía.

No hay comentarios: